O meu peor pesadelo

O meu peor pesadelo está pasando agora en Xapón. Ainda por riba de sufrir un terremoto e tsunami devastadores, agora a ameaza nuclear. Todo está derruido, as poucas casas que quedan en pe sen luz, auga nin gasolina para escapar si é que ainda tes o coche, e as autoridades obrigando a xente aterrorizada a permañecer nas casas para evitar a contaminación. Se xa era pouco comeza a chover e as particulas radiactivas can o chan misturadas ca auga. ¿Que poden pensar uns pais cos seus fillos na casa, atrapados, a escuras, con frio, e a comida que supoño que escaseando pouco a pouco, e sen saber si todo pode ser peor ainda?

Vexo as fotos e videos que pululan por internet e non podo creer o que está a pasar. O que mais me impactou foi ver unha nai co seu fillo no colo sendo testado por un medidor de radioactividade. ¿Que che pasará pola cabeza cando vives iso? Nudo no estómago e sabor a metal na lingua. Primeiro o inimigo visible e logo o invisible.

Moitas veces de noite soño ca morte radiactiva. Non coa explosión, senon coa contaminación. É horrible, e non fago mais que correr e buscar os meus para escapar dese inferno. Pero esta xente non está  soñando, está vivindoo.

Fai case un par de anos escribin unha entrada sobre Chernobil, pensando que aquilo non debía repetirse, pero por desgracia…

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Unha reflexión sobre “O meu peor pesadelo”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *