Repara Grub2 en Ubuntu e derivados

Si eres usuario de Linux dende fai tempo seguro que en mais dunha ocasión tiveches o problema que imos a tratar de solucionar. Un dos exemplos mais claros é despois de instalar Windows, xa que este modifica o MBR.

Eu vouvos dar 2 opcións a hora de reparar GRUB2. A primeira vinna nun post de Luis Armando Medina en Como Instalar Linux e a segunda é a que usaba eu ata o de agora. Basicamente depende dos recursos que teñamos a man.

Opcion 1:

Para esta forma de reparar o GRUB2 precisamos un LiveCD de Ubuntu ou derivado. Cargamolo no inicio do sistema para probalo sin instalalo, e cando cheguemos o Escritorio abrimos a terminal (Ctrl + T para acabar antes). Para empezar primero imonos a facer “root”:

sudo -s -H

Unha vez vexamos no “prompt” que estamos a traballar como “root” imos a ver cal é a partición dende a que se inicia o sistema. Tecleamos o seguinte:

fdisk -l

Se nos fixamos no que sai na terminal vemos que nos da información de como están particionados os nosos discos duros. So temos que fixarnos cal de estas particións ten un asterisco na sección de “boot”. Esa será a partición onde instalaremos o GRUB2. Por norma xeral , e supoñendo que teñamos un so disco duro, esta partición será /dev/sda1. Agora temos que montar esta partición e outros dispositivos que nos van a ser necesarios:

sudo mount /dev/sda1 /mnt
sudo mount --bind /dev /mnt/dev

Unha vez realizado esto temos que decirlle o sistema (recordade que estamos no LiveCD) que a raiz do sistema ten que ser a partición que nos resultou nos pasos anteriores:

chroot /mnt

Agora so queda o paso final, que é reinstalar o grub no MBR do disco e actualizalo. Fixadevos que no primeiro comando pon “/dev/sda” e non “/dev/sda1”:

grub-install --recheck /dev/sda
update-grub2

Se todo saiu ben xa deberíamos ter o Grub2 reinstalado e so nos queda reiniciar o noso sistema e ver si todo funciona correctemante.

 

Opcion 2:

Para levar a cabo os pasos relatados nesta opción precisaremos SuperGrubDisk2. Esta utilidade serve entre outras cousas para arrincar os sistemas operativos que teñamos instalados no noso ordenador cando falla o arranque. Para descargalo pasadevos por a páxina de SuperGrubDisk2.

O primeiro que temos que facer é arrincar o sistema con CD ou USB onde teñamos SuperGrubDisk2, Unha vez cargado este debemos seleccionar o opción de Detectar os sistemas operativos instalados. Esto fará que se poña a ler os discos duros e unha vez rematado mostrará as particións onde atopou sistemas.

Cargamos a partición onde temos instalado o noso sistema opertivo e comezará a cargalo. O rematar veremos que temos acceso o noso sistema normalmente. Agora abrimos unha terminal e localizamos cal é o disco duro onde temos instalado o sistema. Para esto sirvenos os dous primeiros comandos da Opción 1.

Logo temos que reinstalar de novo o Grub2 no MBR, e para elo escribimos o seguinte (supoñendo que o disco onde queremos instalar o GRUB2 sexa /dev/sda):

grub-install /dev/sda

Se todo foi ben indicaranos que non houbo erros. Logo temos que actualizar o grub co que fará un chequeo:

update-grub

Despois destes pasos xa está o GRUB2 reinstalado e todo debería ir ben.

Saudos!!!

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

2 reflexións sobre “Repara Grub2 en Ubuntu e derivados”

  1. Gracias por republicar mi post, espero que te sea útil y que de igual forma sea de gran ayuda a muchos de tus lectores. No olvides poner un link de la fuente y si no es mucha molestia dar crédito a mi persona. Saludos y el mejor de los éxitos con tu blog.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *