Senon gostas de Unity: Ubuntu Gnome Classic

Moitos son os que renegaron de Ubuntu por culpa de Unity ou Gnome3, e preferirían o escritorio clásico. Con Ubuntu Gnome Classic témolo portado a Gtk3. Agora tamén temos os indicadores da barra de tarefas (notificacións, usuario, son, etc) incluidos. Se queres instalalo so tes que por nunha terminal:

 sudo apt-get install gnome-session-fallback

Logo somentes tes que iniciar a sesión pondo nas opcións Gnome Classic.

Saudos

 

{lang: 'es'}

¡Proba xa VLC 2.0!

Para ser exactos é mellor decir VLC 2.0 RC1 Twoflower (recordade que é unha versión de proba).

O reproductor multimedia por excelencia en Linux (e casi que diría que de Windows e Mac) vai madurando pouco a pouco para incluir novas caracteristicas. Estas son, por exemplo, melloras na interface, novos botóns, mais formatos soportados, melloras na xestión de subtítulos, avances na integración de Blu-Ray; e as típicas optimizacións e correccións de erros.

Se queredes instalar esta última versión tanto en Ubuntu como en Mint (atención, so 11.10 e 12.04) tendes que abrir unha terminal e engadir o repositorio:

sudo add-apt-repository ppa:videolan/stable-daily

Despois actualizar e instalar:

sudo apt-get update && sudo apt-get install vlc

{lang: 'es'}

“Malos tiempos para la buena gente”

¿Acaso non é certo?

¿Que será o seguinte?

Todo aquelo que nos ensinaron os nosos pais non era certo. Compartir é malo. Está claro que non se pode ser boa persoa para “progresar” neste mundo. Non se pode dormir tranquilo de noite. Tal vez teñamos que pensar nunha nova revolución contra esta “pseudodemocracia”, pero algo mais “movida” que as últimas.

{lang: 'es'}

Tamén botaba en falta esto

Fai algún tempo fixen un post sobre un pequeno applet que nos mostraba a carga do sistema, Syspeek. Pero tamén gustabame ter a típica aplicación na barra de tarefas que nos indicase o tempo e predición do lugar que lle indicasemos. Pegandome unha volta por ahí atopei unha pequena aplicación desenrolada por un conocido Blogueiro, “El Atareao“. A verdade é que é tremendamente completa e permite unha boa peronalización pois dispón de moitas opcións de configuración. Chamase “My Weather Indicator” e si queredes instalala:

1º Engade o repositorio e actualiza:

sudo add-apt-repository ppa:atareao/atareao && sudo apt-get update

2º Instala o programa:

sudo apt-get install my-weather-indicator

3º Executa dende o dash My-Weather-Indicator

4º Para configuralo, pincha na icona que che saiu na barra de ferramentas superior e dalle a preferencias

Decirvos que funciona correctamente tanto en Ubuntu 11.10 como en Linux Mint 12. Espero que vos sexa tan útil como a min

{lang: 'es'}

Flipando co Droide

Pois iso, que cada dia estou mais flipado e enganchado con Android. Fai un mes que conseguín un móvil con este sistema operativo e estou mais que satisfeito. A verdade e que non fago mais que fuchicar e fuchicar. Supoño que lle pasa a todo o mundo

A ver si pronto podo facer un post sobre este gran SO. Queda inagurada a categoría Android

{lang: 'es'}
Alojado en Wesped.